Facebook Twitter Youtube Instagram TikTok RSS Español
Publicado: 19/04/2021 22:52:24

Protocolo e Inscricións para o III Trofeo BTT-XCO Concello da Cañiza

Información imprescindible sobre a primera cita da Copa Galicia XCO

A espera para o regreso das competicións de Cross Country Olímpico a Galicia remata este sábado. A Grupeta Pan de Zarko organiza o III Trofeo BTT-XCO Concello da Cañiza, primeira cita da Copa Galicia 2021 desta modalidade. A continuación achegamos a información imprescindible sobre o protocolo para minimizar o risco de contaxio da covid-19 que se aplicará neste evento: 

PROTOCOLO

· Os deportistas accederán con certificado de test PCR, antíxenos ou serolóxico negativo, certificado de vacinación ou certificado do médico de atención primaria de ter superado a covid-19 e dispor de anticorpos

· Os deportistas proveñen das catro provincias galegas

· O evento NON conta con público

· Só se permitirá un asistente por cada deportista

 

 Acceso ao circuíto:

a. Realizarase a toma de temperatura a todo o persoal (+37,5 de febre ou síntomas compatibles coa COVID-19, activar protocolo Sergas chamar ao 900400116).

b. Desinfección de mans

c. Entregarase o distintivo correspondente (pulseira) 

 

HORARIOS 

Recollida de dorsais: 14:30 a 17:30

 

Adestramentos libres con máscara 14:45 a 15:45

1ª MANGA: 16:00 h

Competición Cadetes, Master 40 e Master 50/60.

Retiran máscara 30 segundos antes da saída

-Saída Cadetes: 16:00 horas

- Saída Máster 40: 16:02

-Saída Máster 50/60: 16:04

Cerimonia de premiación e desaloxo

 

17:15 a 17:45 adestramentos libres con máscara

2ª MANGA: 18:00 h

Competición Elite/Sub23, Junior e Máster 30  masculino e Elite/Sub23, Junior, Máster e Cadete feminino

Retiran máscara 15 segundos antes da saída

-Saída Elite/Sub23: 18:00 

-Saída Júnior: 18:02 

-Saída Máster 30: 18:04

-Saída Elite/Sub23, Junior, Máster feminino: 18:05

-Saída Cadete feminino: 18:06

 Cerimonia de premiación e desaloxo

 

 20:30h FIN DA PROBA

 

INSCRICIÓNS E REXISTRO DE ACCESO

O proceso de inscrición está aberto na páxina da Federación Galega de Ciclismo.

-Se vas participar como Deportista fai click neste enlace para anotarte

-Se es Técnico, Árbitro ou Dirixente (só federados) fai click neste enlace 

PARA TODO O PERSOAL REXISTRADO É OBRIGATORIO CUBRIR O FORMULARIO DE TRAZABILIDADE NA ZONA PRIVADA WEB DA FGC (ACTIVASE 3 DÍAS ANTES DA DATA DE CELEBRACIÓN DO EVENTO, ANTES DESA DATA NON SE PODERÁ REALIZAR ESTE PROCEDEMENTO)

-As persoas que exerzan de asistentes sen estar federadas teñen que inscribirse enviando un correo electrónico a grupettapandezarko@gmail.com xunto coa Claúsula covid-19 e Declaración Responsable cuberta e firmada (achegamos ambos documentos)

 

C/ Ferraz 16 - 5º Derecha
28008 | Madrid
Tel.: 915 40 08 41
info@rfec.com
press@rfec.com