Facebook Twitter Youtube Instagram TikTok RSS Español
Publicado: 17/11/2020 14:52:41

Enlaces de acceso para o XaxanCX

Ligazóns para facer a reserva na zona dos equipos, a inscrición de asistentes e de medios de comunicación

Este sábado arranca a Copa Galicia de Ciclocrós 2020 co XaxanCX organizado polo club XSM de Marín. Os enlaces para acceder ao circuíto son os seguintes: 

·  RESERVA DA ZONA DE EQUIPOS: Só se autorizarán 2 vehículos por equipo e autocaravanas ou vehículos similares, así como 2 carpas por equipo: https://forms.gle/13AkzxKxziFcLnsZA

 

 

·  INSCRICIÓN DE ASISTENTES: Só se permitirá 1 por corredor e só poderá permanecer nos lugares nos que lle estará permitido durante as mangas que lle correspondan ao seu corredor. Os asistentes divídense en dous tipos:

 

 

TÉCNICO: Posee licenza federativa e poderá acceder á Zona de Equipos, Zona Saída/Meta e Boxes.

Darase de alta no formulario e ao remate xa se lle indica que debe acceder na súa zona privada á plataforma da Federación para cubrir o formulario covid obrigatorio. Independentemente disto, enviaráselle un correo recordatorio o xoves pola noite: https://forms.gle/ZE7mHY648kk4fj6t9

 

IMPORTANTE: Para as INSCRIPCIÓNS DE TÉCNICOS, ÁRBITROS, DIRIXENTES (só federados) DEBERÁN CUBRIR ADEMAIS DO FORMULARIO DO ORGANIZADOR, O FORMULARIO DA PLATAFORMA WEB FGC FACENDO CLICK NO SEGUINTE ENLACE: https://fgalegaciclismo.es/index.php/inscripcionescursos/curso/224

 

ACOMPAÑANTE: Se non posee licenza federativa, so poderá acceder á Zona Equipos e Zona Saída/Meta.

Darase de alta no formulario e ao rematar xa se lle indica que debe cubrir o formulario covid obrigatorio que se lle enviará posteriormente por correo.

 

               ·  INSCRICIÓN DE MEDIOS DE COMUNICACIÓN: Unha vez inscritos valorarase se a súa solicitude é aceptada: https://forms.gle/xFBRS95mZwUvKTCC7

C/ Ferraz 16 - 5º Derecha
28008 | Madrid
Tel.: 915 40 08 41
info@rfec.com
press@rfec.com