Facebook Twitter Youtube Instagram TikTok RSS Español
Publicado: 27/11/2020 11:17:23

A web da FGC incorpora un menú para a Copa Galicia de Ciclocrós

Con todos os contidos actualizados: enlaces directos ás probas, noticias, galería, clasificacións e rankings

Estar ao tanto de todo o relacionado coa Copa Galicia de Ciclocrós será a partir de agora aínda máis doado. Na web da Federación Galega de Ciclismo estreamos un menú propio para o certame autonómico de CX. O formato é o mesmo que os das Copas de España no portal da Real Federación Española de Ciclismo. 

Desde a páxina de inicio de www.fgalegaciclismo.es, a través do apartado de Ciclocrós, xa podes acceder á sección Copa na que atoparás o Calendario completo cos enlaces directos á información das probas, Noticias, a Galería das mellores imaxes, Clasificacións de todas as xornadas e os Rankings de cada categoría. 

 

C/ Ferraz 16 - 5º Derecha
28008 | Madrid
Tel.: 915 40 08 41
info@rfec.com
press@rfec.com
L a V (8:30 h a 15:30 h)