Facebook Twitter Youtube Instagram TikTok RSS Español
Publicado: 11/12/2020 00:08:51

Información e Inscricións para o IV Ciclocrós Avanza

A cuarta e penúltima proba da Copa Galicia 2020 disputarase o sábado 19 de decembro no Porriño

A última fin de semana da Copa Galicia 2020 arrancará o sábado 19 de decembro no circuíto do Velódromo do Porriño. As inscricións para o Ciclocrós Avanza xa están abertas. Fai click neste enlace para anotarte. O prazo remata o vindeiro mércores, día 16, ás 23:59 horas. 

Na IV edición deste evento organizado pola AD. Avanza - Concello do Porriño tamén terán que inscribirse os Técnicos, Árbitros e Dirixentes (federados). Fai click neste enlace para anotarte

As persoas que exerzan de asistentes sen estar federadas teñen que inscribirse facendo click nesta ligazón. Permitirase un acompañante por corredor/a.

Tanto os participantes como o persoal asistente deberán cubrir os Formularios de Trazabilidade.

Os equipos teñen que facer a reserva da súa zona facendo click neste enlace

Os medios de comunicación que queiran cubrir este evento deben enviar a súa solicitude facendo click nesta ligazón.

Nesta proba, ao igual que no resto da Copa, non se admitirá a presenza de público.

 

Os horarios das quendas e a orde de saída das categorías cambian respecto á ultima xornada celebrada en Santiago:

13:00 Júnior masculina, Cadete masculina e Cadete feminina

13:45 Elite-Sub23 masculina, Elite-Sub23 feminina e Júnior feminina. 

15:45 Máster-30, Máster-50/60 e Máster feminina

16:45 Máster-40

Respecto ao protocolo fronte a covid, os corredores e as corredoras deberán presentar un resultado negativo nunha proba PCR, de antíxenos ou serolóxica.

Achegamos a Guía Técnica e o Protocolo desta cita.

 

 

 

C/ Ferraz 16 - 5º Derecha
28008 | Madrid
Tel.: 915 40 08 41
info@rfec.com
press@rfec.com