Facebook Twitter Youtube Instagram TikTok RSS Español
Publicado: 02/12/2020 14:18:59

Información e Inscricións para o XIX Ciclocross Cidade de Santiago

A primeira quenda de saídas comezará ás 10:00 horas e a última, ás 14:00

A capital autonómica acollerá o 8 de decembro a terceira xornada da Copa Galicia de Ciclocrós. As inscricións para o Ciclocross Cidade de Santiago xa están abertas. Fai click neste enlace para anotarte. O prazo remata este mércores, día 3, ás 23:59 horas.

Na XIX edición deste evento organizado polo Club Ciclista Compostelano tamén terán que inscribirse os Técnicos, Árbitros e Dirixentes (federados). Fai click neste enlace para anotarte

As persoas que exerzan de asistentes sen estar federadas teñen que inscribirse facendo click nesta ligazón.

Tantos os corredores e as corredoras como o persoal asistente deberá cubrir os Formularios de Trazabilidade.

Os equipos teñen que facer a reserva da súa zona facendo click neste enlace.

Os medios de comunicación que queiran cubrir este evento deben enviar a súa solicitude facendo click nesta ligazón.

Nesta proba, ao igual que na apertura da Copa, non se admitirá a presenza de público.

 

Os horarios das quendas de saída cambian respecto á última xornada celebrada en Sanxenxo:

10:00 Cadetes e Féminas Cadetes

10:45 Máster-30, Máster-50/60 e Féminas Máster

12:45 Máster-40 

14:00 Elite-Sub23, Júnior e mulleres Elite-Sub23 e Júnior

 

Respecto ao protocolo fronte á covid, lembrar ás corredoras e corredores que participaron no XaxanCX, primeira xornada da Copa, que deberán someterse a un novo test para presentar un resultado negativo 24/72 horas antes da carreira. A mesma pauta teñen que cumprir as/os ciclocrosistas que estrean a temporada en Santiago. Pola súa banda, aquelas/aqueles que realizaron a proba antes da cita de Sanxenxo non teñen a obrigación de volver facela. 

 

Achegamos a guía técnica do Ciclocross Cidade de Santiago.

C/ Ferraz 16 - 5º Derecha
28008 | Madrid
Tel.: 915 40 08 41
info@rfec.com
press@rfec.com