Facebook Twitter Youtube Instagram TikTok RSS Español
Publicado: 14/12/2020 19:13:36

Información e Inscricións para o XIII Ciclocross Castelo de Maceda - Copa Deputación de Ourense

Última xornada da Copa Galicia 2020

A Copa Galicia 2020 rematará o vindeiro domingo, día 20, no municipio ourensán de Maceda. As inscricións para o Ciclocross Castelo de Maceda - Copa Deputación de Ourense están abertas. Fai click neste enlace para anotarte. O prazo finaliza o mércores, día 16, ás 23:59 horas. 

Na XIII edición deste evento organizado polo Club Ciclista Maceda tamén terán que inscribirse os Técnicos, Árbitros e Dirixentes (federados). Fai click neste enlace para anotarte

As persoas que exerzan de asistentes sen estar federadas teñen que inscribirse facendo click nesta ligazón

Tanto os participantes como o persoal asistente deberán cubrir os Formularios de Trazabilidade.

Os equipos teñen que facer a reserva da súa zona facendo click neste enlace

Os medios de comunicación que queiran cubrir este evento deben enviar a súa solicitude facendo click nesta ligazón

 

Os horarios das quendas e a orde de saída das categorías cambian respecto á xornada do día anterior no Porriño:

10:00 Máster-40 masculina

11:00 Máster-30 masculina, Máster-50/60 masculina e Máster feminina

12:45 Cadete masculina, Cadete feminina e Júnior feminina

14:00 Elite-Sub23 masculina, Júnior masculina e Elite-Sub23 feminina

 

Respecto ao protocolo fronte a covid, os corredores e as corredoras deberán presentar un resultado negativo nunha proba PCR, de antíxenos ou serolóxica.

 

Os premios finais da Copa Galicia de Ciclocrós 2020 entregaranse nesta xornada.

 

Achegamos a Guía Técnica e o Protocolo desta cita.

C/ Ferraz 16 - 5º Derecha
28008 | Madrid
Tel.: 915 40 08 41
info@rfec.com
press@rfec.com