Facebook Twitter Youtube Instagram TikTok RSS Español
Publicado: 23/11/2020 19:00:30

Información e Inscricións para o Ciclocross Con da Romaíña

A Copa Galicia de Ciclocrós celebra a súa segunda xornada este sábado en Sanxenxo

A Copa Galicia chega este sábado, día 28, á localidade pontevedresa de Sanxenxo. As inscricións para o Ciclocross Con da Romaíña, segunda proba do certame autonómico xa están abertas. Fai click neste enlace para anotarte. O prazo remata o xoves ás 12:00 horas. 

Na primeira edición deste evento organizado polo Corbelo C.C. tamén terán que inscribirse os Técnicos, Árbitros e Dirixentes (federados). Fai click neste enlace para anotarte.

As persoas que exerzan de asistentes sen estar federadas teñen que inscribirse facendo click nesta ligazón.

Tantos os corredores e as corredoras como o persoal asistente deberá cubrir os Formularios de Trazabilidade.

Os equipos teñen que facer a reserva da súa zona facendo click neste enlace.

Os medios de comunicación que queiran cubrir este evento deben enviar a súa solicitude facendo click nesta ligazón.

Nesta proba, ao igual que na apertura da Copa, non se admitirá a presenza de público.

 

Os horarios das quendas de saída cambian respecto á primeira xornada celebrada en Marín:

13:00 Cadetes e Féminas Cadetes

13:45 Máster-30, Máster-50/60 e Féminas Máster

15:30 Máster-40 

16:30 Elite-Sub23, Júnior e mulleres Elite-Sub23 e Júnior

A oficina permanente estará aberta ata 1 hora antes de cada manga. 

Respecto ao protocolo fronte á covid, lembrar aos participantes que non se someteron ao test a semana pasada, por non ter competido na primeira xornada, deberán facelo esta semana

Achegamos a guía técnica do Ciclocross Con da Romaíña.

C/ Ferraz 16 - 5º Derecha
28008 | Madrid
Tel.: 915 40 08 41
info@rfec.com
press@rfec.com